Aquí estamos de volta!!

Nunha das actividades desta semana, o que fixemos foi dedicar un par de sesións a facer MINDFULDNESS, algo que imos precisando todos e todas porque levamos un verán de moita intensidade.


Nós temos a sorte de contar cunha monitora que ten coñecementos sobre esta práctica, e iso fixo que aprendésemos con ela. Isto trátase dunha técnica de meditación que consiste en observar a realidade no momento presente. Grazas a esta práctica podemos conseguir un profundo estado de conciencia de liberdade dos nosos sentimentos e emocións. Sentámonos no pavillón, separados e separadas, e seguimos as instruccións da nosa monitora. Pouco a pouco fomos acostándonos e chegando a un estado de máxima tranquilidade. Tanto foi así, que nin sequera nos percatamos de que a moni estivo tocando partes do noso corpo, nin dos ruídos que nos facía mentres!!
Xa que a actividade a fixemos despois dun xogo moi movido, isto fixo que chegar ao estado máis tranquilo e libre, fose doado.


Só quedan uns días para rematar a quincena, asique temos que comezar a baixar o ritmo para voltar á rutina coas pilas e enerxía ao 100%.

Vémonos pronto!