Chegou a primavera ao colexio da Maía e con ela outro lúdico para pasalo xenial mentras aprendemos moito!!

Desta volta estamos descubrindo moitas cousas sorprendentes duns animais moi importantes para este planeta, as abellas!

Para elo contamos e mostramos un conto, que nos explicou exactamente a vida destes insectos polinizadores, á vez que descubríamos moitas curiosidades, así como diferentes tipos de abellas.

Aproveitamos este útimo dato para traballar a diversidade tamén entre nós, ao igual que as abellas hai moitos tipos de persoas, cada neno e cada nena é única coas súas cualidades e virtudes. Fixemos unha abella co modelo da nosa man, donde en cada dedo escribimos unha cualidade para logo mostrar que todos somos únicos.