A máquina do tempo levounos esta semana á Idade Media, unha época de castelos, cabaleiros, reis e raiñas, de heráldica e sobre todo moita diversión.

Nesta semana os nenos e nenas fixeron os seus propios escudos mergullándose nos catro símbolos que os representan, ademáis de facer o escudo representativo de grupo.

Logo, pasamos a construir os nosos castelos, compartindo materiais, pintando xuntos e aportando ideas.

Descubrimos cales eran os gremios máis característicos da época, un exemplo diso sería o gremio dos teceláns (pulseiras).

Por último, tratamos as emocións a través da árbore da gratitude, no que cada un e cada unha escribía aquilo polo que estaban agradecidos, sendo a familia e a amizade o que máis valoran.