SETEMBRO LÚDICO 2023: COAS NOSAS MANS

Na nosa sociedade convivimos persoas con diferentes capacidades, características e necesidades: nenos e nenas, persoas maiores, persoas con mobilidade reducida… e cadaquén ten unha forma diferente de moverse polo lugar no que vive. Se desexamos que a nosa sociedade sexa moito máis accesible, sen barreiras e respectuosa con todas as persoas, independentemente das súas características; cómpre analizar os elementos arquitectónicos que nos rodean e que limitan a unha porcentaxe moi alta da cidadanía no seu día a día.

Neste lúdico de setembro, preténdese que os nenos e nenas de Ames fagan unha reflexión sobre o seu contorno próximo desde unha perspectiva de arquitectura accesible baixo os conceptos de integración e diversidade. Preténdese que reflexionen sobre como os espazos poden illar e dificultar a vida cotiá ou pola contra se son repensados dende o concepto da “Arquitectura dos coidados” (Col·lectiu Punt 6) poden resultar integradores e facilitadores de vida. Así, tratarase de que os nenos e nenas se sintan parte activa na transformación do seu contexto máis próximo nun lugar moito máis respectuoso coas diferenzas, mobilidade e a diversidade funcional.

Para isto, a metodoloxía a seguir será a de experimentar en primeira persoa os problemas que as diferentes persoas poden atopar no seu día a día e extraer de aí propostas de cambio.

     

    ACTIVIDADES DESTACADAS

    XINCANA DOS SENTIDOS

    QUE É A ARQUITECTURA ACCESIBLE?

    INVENTOS AO REVÉS

    O PATIO DOS SENTIDOS

    ACADEMIA DE ESPECIALISTAS