Estamos aquí outra semaniña máis para contarvos o que nos foi sucedendo, e xa pouquiñas nos quedan!! Rematamos a semana pasada cun contiño e facendo unha busca das emocións perdidas polo cole. Esta semana comezámola cunha visitiña, unha ninfa veunos contar que o seu bosque perdera as cores e todas xuntas axudámoslle a recuperalas. Buscamos elementos de diferentes cores no noso bosque de confianza que despois, no cole, clasificamos por cores. O martes, para levar un pouco mellor a calor fixemos unha súper festa da auga, pero antes divertímonos experimentando coa auga. O mércores fixemos unha super clase de relaxación e confianza e pintamos unhas pedras que levamos para a casa como amuletos,hoxe pasamos o día buscando pistas e resolvendo enigmas para conseguir unhas ras saltarinas de Origami coas que facer carreiras a saltiños e axudamoslle as bolboretas que precisaban das nosas habilidades coas cores para volver a voar. Non sabemos que vai pasar mañán,o mellor máis animais,o mellor algunhas visita… O que está claro e que vamos seguir tendo moitas cores!